Tarefas: Edición de imaxes pixeladas
Requisitos do completado
Exercicio 1: cambiar fondo
- crea unha imaxe en Gemini que teña fondo verde (por exemplo, un can). Tes que descargala.

- Abre a imaxe en Gimp. Se é jpg tes que engadir canle alfa.
- Quita o fondo usando seleccionar por cor e o botón supr.
- Engade unha capa nova de cor branca.
- Exporta en formato PNG.

Exercicio 2: engade esa imaxe nunha foto do IES.
- volve a quitar o fondo da imaxe. Exporta en PNG.
- vai ao google maps e fai unha captura de pantalla da entrada do IES.

- engade, usando abrir como capa, a imaxe que fixeches.
- Usa as ferramentas de mover, escalar e similares para colocar algo falso (por exemplo, un can) na entrada do IES.
- Exporta en formato PNG ou fai captura de pantalla.

Tarefa 3: cambia o nome ao IES.
Usando esta imaxe vas cambiarlle o nome ao IES.
- usa o botón de clonar para borrar o nome de Alexandre Bóveda.
- usa o botón de texto para crear o teu nome (ou outro calquera).
- cambia a cor das letras para que teña a mesma cor de arriba
- usa os botóns de escalar e similares para que as letras queden ben colocadas
- usa o de inclinar para que queden paralelas
- exporta en formato PNG

Tarefa 4: Borra a ventana do departamento de Tecnoloxía
- Tes que usar os botóns de copiar e pegar selección, ou ben o de clonar.
- Fai zoom e logo quitas o zoom para ver o resultado.
Última modificación: luns, 20 de abril de 2026, 12:01 PM