matrimonio
GALEGO: “manutención”, “emancipación”.
SIGNIFICADO ACTUAL: por manutención entendemos a acción e efecto de manter ou manterse. Ten como sinónimos “alimentación”, “mantemento”, “sustento”. Por emancipación entendemos o feito de facerse libre ou independente dun poder o dunha persoa.
ORIXE: a etimoloxía tanto de manutención como de emancipación remítenos ao termo latino manus, que se refería á autoridade do pater familias sobre toda a súa familia. Deste xeito, a emancipatio en Roma liberaba un fillo da potestade paterna ou facíao pasar á potestade doutro. O concepto de manus era moi importante na estrutura xurídica do matrimonio en Roma, xa que a esposa podía quedar baixo a patria potestade do seu pai ou pasar a depender da autoridade do marido.
"ESPONSAIS"
GALEGO: “esponsais”, “desposorio”, “esposorio”.
SIGNIFICADO ACTUAL: promesa de matrimonio entre dous futuros esposos, cerimonia ou festa na que se celebra o matrimonio, equivale a nosa petición de mano.
ORIXE: o termo latino sponsales alude á unha cerimonia arcaica na que os pais dos futuros contraentes concertaban o matrimonio e designaban a dote que a noiva achegaría ao matrimonio.
GALEGO: “esposa”.
SIGNIFICADO ACTUAL: muller que contrae matrimonio. Por extensión, e debido ao seu carácter inseparable chámanse tamén “esposas” ás manillas de ferro coas que se suxeitan os pulsos dos presos.
ORIXE: remonta ao termo latino sponsa, que significaba “prometida”. Houbo pois un cambio de significado, xa que a esposa en Roma era a nupta.
As vodas Aldobrandinas. Fresco romano. Artista descoñecido. Biblioteca do Vaticano.
GALEGO: “matrimonio”.
SIGNIFICADO ACTUAL: alúdese á unión legal dunha parella.
ORIXE: en Roma matrimonium (mater-monium) era un término xurídico que facía referencia ao dereito que contraía unha muller para ser nai dentro da legalidade.

Matrimonio entre dous cidadáns romanos. Mural dun sarcófago no museo de Capodimonte.