etapas da vida

PALABRAS REFERIDAS ÁS ETAPAS DA VIDA EN ROMA

 “INFANCIA”, “INFANTE”, “INFANTARÍA”

GALEGO: “infancia”, “infantil”, “infantaría”.

SIGNIFICADO ACTUAL: primeira etapa da vida dun individuo dende que nace ata chegar á adolescencia. Sinónimos: nenez, crianza. En España e Portugal utilízase o termo infante como título de nobreza que se lle concede aos fillos do rei que non sexan herdeiros e aos fillos destes. A infantaría son as tropas que van a pé e con armas lixeiras.

ORIXE: tanto infancia como infante remiten ao termo latino infans, que etimoloxicamente significa “o que non fala”. Está formado polo prefixo de negación in máis o participio de presente do verbo fari, “falar. A infantaría era a tropa que protexía ao infante.

 

 

Nenos xogando coa pelota. Mármore do s. II. Museo do Louvre. París.

“ADOLESCENTE”

GALEGO: “adolescente”, “adolescencia”.

SIGNIFICADO ACTUAL: etapa que segue á infancia, previa á idade adulta, que vai dende os 12 aos 18 anos aproximadamente.

ORIXE: deriva do termo latino adolescens (participio de presente do verbo adolescere) co significado de “o que está crecendo”, en oposición a adultus, co significado de “o que xa creceu”. En Roma, o 17 de marzo, durante as Liberalia, celebrábase unha cerimonia na cal os nenos de entre 13 e 18 anos pasaban a ser adolescens e cidadáns romanos de pleno dereito. Os nenos despoxábanse da bullada toga praetextacambiándoa pola toga virilisofrecían unha moeda a Iuventas, divindade da xuventude, e eran levados ao foro polo seu pai para inscribirse na tribo que lles correspondía e poder ser chamados a filas.