Section outline
-
Tema 11: A enerxía interna da Terra II.
Chegaron as vacacións de verán e estamos de viaxe. Vou no asento de atrás escoitando música e mirando a paisaxe. Imos por unha autoestrada e ao lonxe vexo que atravesaremos unha montaña cortada para facela estrada. Ao chegar a ese punto miro aos lados e vexo as superficies de corte. Amosan un pregamento e inmediatamente me pregunto que forzas tan enormes son precisas para comprimir toneladas e toneladas de material.
A explicación de por que se producen eses pregues pódenola dar a tectónica de placas, unha teoría que pode dar explicación a unha gran cantidade de fenómenos superficiais (vulcanismo, sismicidade, deriva continental, formación de montañas, pregues…) e que ten a súa orixe na calor interna da Terra.
Sabías que…? Os materiais sedimentarios dos fondos mariños foron pregados ao longo de millóns de anos de tal xeito que emerxeron integrándose nos continentes como oróxenos (cadeas montañosas). Así, non é raro atopar fósiles de organismos mariños en montañas de gran altitude e a moitos quilómetros do mar.

Ligazóns externas