Section outline
-
Tema 6: A función de relación nos organismos vivos.
Teño a man sobre a mesa da consulta do médico, coa palma cara arriba e cos dedos estendidos. O médico colle unha agulla moi longa con mango e pínchame no dedo que cortei case completamente hai dous meses. Dóeche? Claro que doe! Estupendo!, di el, e ri, o moi sádico! De seguido explica que a rexeneración dos nervios foi completa, polo que recobrei a sensibilidade no dedo e cun pouco de rehabilitación recuperarei tamén completamente a mobilidade. Agora decátome de que ao cortar o dedo cortei tamén os nervios que envían a información sensorial (do tacto, a dor, a temperatura,…) ao cerebro. E como se unirían os nervios?
Sabias que…? Rita Levi-Montalcini descubriu un factor de crecemento nervioso imprescindible nos animais para o desenvolvemento nervioso no embrión e o crecemento dirixido das vías nerviosas cara aos órganos sensoriais.

Ligazóns externas