Section outline
-
Tema 10: A enerxía interna da Terra I.
Hoxe regaláronme un telescopio! Cos nervios e as présas por desembalalo rompín o libro de instrucións. Unín os anacos pero hai partes que non vexo ben e non consigo ler o que pon. Estou montándoo e parece fácil. Xa está! Vou probalo! Vese todo desenfocado! Algo fixen mal. Vou buscar na internet… Creo que por fin o conseguín! É de noite xa e vouno probar coa Lúa. Que ben se ven os cráteres! Hai unha chea deles! Parece incrible que tantos meteoritos chocaran coa Lúa. Na Terra tamén caen meteoritos. Caerían tantos coma na Lúa?
Durante a formación da Terra, hai uns 4.500 millóns de anos, sobre a superficie caeron gran cantidade de meteoritos que contribuíron (debido á enerxía liberada no impacto) a elevar a temperatura do planeta. A Terra foi nas súas orixes unha bóla de materia pastosa e incandescente, o que permitiu a separación dos materiais en capas segundo a súa densidade. Ao diminuír a frecuencia dos choques a capa superficial arrefriou, pero no interior permanece a calor orixinal, que se manifesta constantemente na superficie (Volcáns, termas, fumarolas…)
Sabías que…? No século IV, Hipatia de Alexandría fixo salientables achegas en moitos campos como as matemáticas (álxebra) e a astronomía (elaboración dun plano celeste), polo que é considerada a primeira muller científica.

Ligazóns externas