Section outline


    • Este proxecto está definido por unha gran secuencia didáctica: A completa realización dun pódcast dende o deseño inicial á difusión final, atravesando todas as fases precisas. 

      Esta SD está organizada por tres bloques de ODEs, dividindo a parte de creación, da parte técnica e o deseño do produto final. As ODEs preséntanse nesta aula virtual, dende onde poder facer un deseño e un seguimento de todo o proceso de creación do pódcast, servindo tamén esta aula como contedor e difusor dos contidos xerados.

    • Antes de comezar é recomendable leer estos documento de apoio

  • Este bloque trata de como funciona a información no mundo e ten como última intención o fomento do espírito crítico. Analizaremos a actualidade xornalística localizando as estratexias que producen a desinformación ao o tempo que se afonda nas técnicas para levar a cabo un xornalismo ético.



    • Consulta algúns dos termos empregados neste bloque cando o precises
    • Este bloque contará cuns contidos expandidos destinados aos docentes, ocultos para o alumnado dentro da aula virtual, e unha versión simplificada dos mesmos para o alumnado. 


  • Vexamos como funciona a información no mundo, mentres intentamos fomentar o espíritu crítico do alumnado. 

    Enfrontaremos, nesta OD,  cuestións de ética xornalística, a través de tarefas que expoñan o mal uso da información . 



    • Antes de comezar

    • Antes de comezar lee este documento de apoio

    • A través deste timeline, marcaremos algúns dos fitos da unidade.

      Esta ferramenta, así empregada, é idónea para marcar prazos que o alumnado coñeza e teña presente para as súas rutinas.

      Este recurso figura como non accesible para o alumnado, pero unha vez completada coas datas elixidas polo docente, podería ser publicada na aula virtual.


    • Falamos  ?

    • Poñede  en común as dúbidas que teñades, de xeito que poidades axudarvos uns aos outros


    • Aprendemos ?

    • Antes de comenzar a traballar nas tarefas, aquí queda unha explicación de que son as Fake news ou noticias falsas e porque é tan importante saber recoñecelas

    • Resume do xogo e proposta de tarefa (só para docentes).


    • Traballamos ?

    • Hoxe imos pescar titulares clicbait.

      Primeiro lede o documento onde se explica o que son os clicbaits e por parellas, entrade na sección de novas de Google e localizade polo menos catro titulares cebo.

      Unha vez localizados, lede as noticias e respondede as seguintes preguntas:

      -Que características, das que limos antes, cumpren os titulares que seleccionastes, para que dicir que son cebo?



    • Hoxe imos facelo ao revés.

      Entra na páxina do teu xornal preferido e transforma os seus titulares en clicbaits.


    • Un bo titular xornalístico debe intentar dar a información relevante nunha soa mirada, os clicbaits son todo o contrario. O usuario de X aforrando clicbaits responde aos titulares cebo respondendo a súa intriga.

      Por parellas elaborade os titulares correctos para algunhas das noticias que analizáchedes antes.

    • Ides xogar ao bad news game e convertirvos nuns maléficos desinformadores, creadores de noticias falsas. Neste xogo, a diferencia do que debedes facer na vida real, trátase de crear as máis terribles estratexias para conseguir seguidores a toda costa.

      Agrupádevos en parellas e intentade ganar os distintivos por impersonación, emoción, descrédito, trolling, polarización e conspiración mentres explicades que significa cada un destes termos.

      Logo intentade responder a seguinte cuestión:

      Que crees que motiva á xente a crear e difundir fake news?


      O xogo polo de agora non ten versión en castelán, si existe en portugués e mais en inglés, pero trátase dun xogo bastante sinxelo de seguir e traducilo non é difícil.


    • Escribe a túa propia historia de Fake news (ate 300 palabras). Explica como usaches habilidades asociadas con polo menos tres dos distintivos do xogo de bad news game para facer que a túa historia sexa "digna de clics".



    • Hoxe seredes detectives de fake news, buscade na rede exemplos de noticias falsas e buscade, se as topades as consecuencias que poido ter esa nova.

      Podedes consultar tamén a páxina maldito bulo, onde poderedes ver como se desmontan algúns dos bulos reais que circulan en internet.

    • Que pensas desta cita:  "Unha mentira repetida constantemente, acaba por converterse en verdade”. véslle algunha relación co tema que estamos a tratar? Investigade sobre a cita e tirade as conclusións oportunas.



    •  Checklist da OD ?

    • Xogaches a badnews e entendiches como funciona a desinformación?

    • Creaches os teus titulares cebo?

    • Localizaches algunha noticia falsa?

    • cres que saberías distinguir unha nova falsa dunha verdadeira?

    • Se completaches a anterior lista significa que xa estás listo para o seguinte paso, imos buscar as novas de actualidade

  • Concluamos o bloque de como funciona a información no mundo, dándolle forma ao aprendido na OD1 e preparándonos para a elaboración do guión dun podcast 

    Intentaremos aquí organizar certas rutinas e organizalas en torno a un fluxo de traballo axeitado.



    • Antes de comezar

    • Antes de comezar lee este documento de apoio

    • A través deste timeline, marcaremos algúns dos fitos da unidade.

      Esta ferramenta, así empregada, é idónea para marcar prazos que o alumnado coñeza e teña presente para as súas rutinas.

      Este recurso figura como non accesible para o alumnado, pero unha vez completada coas datas elixidas polo docente, podería ser publicada na aula virtual.


    • Falamos  ?

    • Conta aquí as túas dúbidas e consultas sobre este tema, a ver se entre todos as podemos solucionar.


    • Aprendemos ?


    • Traballamos ?

    • Hoxe traballaremos sobre o que é a liña editorial.  

      -Que liña editorial cres que siguen as diferentes publicacións que tedes hoxe na clase. Para que público cres que están pensadas.

      -E o voso podcast, que liña editorial queredes darle e para que público obxectivo pensades que estará dirixido?


    • Sobre algunha das novas seleccionadas estes días, localiza as fontes, que tipoloxía teñen.

      Tempo de aplicar o aprendido. Busca fontes para o teu podcast.


    • Que vas presentar á reunión de contido?

    • a newsroom. Hoxe a clase será a sala de redacción dun medio de comunicación e imos decidir os contidos a desenvolver nos vosos podcasts.

      Uns días antes comezaredes a pensar posibles contidos que propor. Cada un dos grupos de podcast levaredes, polo menos, catro propostas sólidas.

      Podedes procuralos, atendendo a actualidade da seman, as lecturas destes días da clase, ou a alguna inquedanza propia ou conversa que teñades escoitado últimamente. O voso entorno está cheo de feitos que poderían considerarse noticiables.

      Investigade sobre elas e buscade onde poderiades topar as vosas fontes.

      Listos para a reunión de contidos? A/o profe será o director e vos os xefes de sección. Expoñede as vosas propostas con argumentos sólidos e conseguide que as vosas novas cheguen aos vosos podcasts.


    • Deseñade o voso fluxo de traballo, xa sexa nun xa sexa dun xeito físico, a través Dunha pizarra na clase ou dixital a través da plantilla do taboleiro do podcast que tedes ao principio da OD ou dentro dun proxecto de Trello.



    •  Checklist da OD ?

    • Analizaches a liña editorial e o target do teu futuro podcast?

    • Seleccionaches as novas para a reunión de contidos?

    • Tes elixidas as fontes das novas que tratarás no pódcast?

    • Deseñaches e presentaches propostas para reunión de contidos?

    • Tes deseñado un fluxo de traballo axeitado?

    • Se completaches as fases anteriores, xa estás listo para pasar ao seguinte bloque.

    • Este recurso traballa tamén o “saber facer”. Trátase de aprender a técnica para facer un pódcast dende cero e entender as súas posibilidades: o pódcast temático, como xornal baixo a forma de radio escolar ou como ferramenta de repaso da materia. 

    • Este bloque contará cuns contidos expandidos destinados aos docentes, ocultos para o alumnado dentro da aula virtual, e unha versión simplificada dos mesmos para o alumnado. A documentación deste bloque estará complementada por videotitoriais subtitulados.

      (Información só dispoñible para os docentes)  


    • Este bloque contará cuns contidos expandidos destinados aos docentes, ocultos para o alumnado dentro da aula virtual, e unha versión simplificada dos mesmos para o alumnado. 

  • Cando creamos un pódcast podemos empregar recursos propios, gravando voces, sons ou instrumentos musicais, e tamén alleos respectando os dereitos dos seus autores. Neste ODE coñeceremos algúns bancos sonoros de uso libre.




    • Antes de comezar

    • Antes de comezar lee este documento de apoio

    • A través deste timeline, marcaremos algúns dos fitos da unidade.

      Esta ferramenta, así empregada, é idónea para marcar prazos que o alumnado coñeza e teña presente para as súas rutinas.

      Este recurso figura como non accesible para o alumnado, pero unha vez completada coas datas elixidas polo docente, podería ser publicada na aula virtual.


    • Falamos  ?

    • Conta aquí as túas dúbidas e consultas sobre este tema, a ver se entre todos as podemos solucionar.


    • Aprendemos ?


    • Traballamos ?

    • Enunciado

      Por parellas, facendo uso de bancos de uso libre como os citados nos recursos da unidade, atopade e descargade:

      - 1 efecto de son coa extensión wav

      - 1 música coa extensión mp3

      - 1 vídeo de menos de 30 s coa extensión mpeg


      Despois subídeos aquí.


    • Enunciado

      Como xa vimos nesta ODE, Audacity e outros programas de edición audiovisual poden traballar preferentemente con formatos determinados. Imos a practicar cómo convertir formatos.

      Por parellas, utilizando os arquivos da tarefa anterior:

      - Converte o efecto de wav a mp3

      - Converte a música mp3 a wav

      - Extrae o son do video a mp3


      Despois subídeos aquí.


      Recursos

      Podedes utilizar unha web de conversión de formatos como 

      https://www.online-convert.com/es




    •  Checklist da OD ?

    • Buscaches información para o teu podcast empregando algunha das formas de documentación suxeridas

    • Investigaches sobre os dereitos de autor e sabes distinguir entre as distintas licencias creative commons

    • Sabes o que son os repositorios e sabes onde atopar recursos de imaxes e sons na rede
    • Coñeces os distintos formatos de audio e sabes convertir un en outro

    • Se completaches a anterior lista significa que xa estás listo para o seguinte paso, coñecer a técnica precisa para crear o teu podcast.

  • Unha vez que sabemos onde atopar sons de uso libre, veremos que ferramentas ofrece Moodle para gravar os nosos propios sons e subilos á Aula virtual: traballaremos con ferramentas de audio H5P como Dictation ou Audiorecorder ou a propia ferramenta Pódcast que permite crear Moodle.



  • Partindo de diferentes músicas libres podemos crear novas músicas remesturándoas ou combinando loops extraídos delas. Así poñeremos banda sonora aos nosos pódcasts.



    • Antes de comezar

    • Antes de comezar lee este documento de apoio


    •  Falamos  ?

    • Poñede  en común as dúbidas que teñades, de xeito que poidades axudarvos uns aos outros


    • Aprendemos ?

    • Cando editamos vídeo as pistas superiores tapan os obxetos das inferiores. Nos planos sonoros as pistas, en cambio, superpóñense e mézclanse, acústicamente existen ao mesmo tempo


    • Mestura de músicas, efectos e voz

      Os seguintes 
      videotitoriais vos guiarán, paso a paso, para que poidades levar a cabo as tarefas propostas nesta ODE


      Material necesario: auriculares con micrófono / Tablet / Ordenador con micrófono interno ou externo


    • Recursos

      Sons de uso libre para practicar en Audacity


    • Visionados


    • Enlaces a vídeos que explican que é Sampling e os 4 acordes típicos do Pop


    • Traballamos ?


    •  Checklist da OD ?

    • Conseguiches crear samples e loops?
    • Conseguiches crear a túa propia música a partir de samples doutras?
    • Conseguiches gravar voz e mixturala con música e efectos?
    • Se completaches a anterior lista significa que xa estás listo para o seguinte paso, imos aprender a facer unha reportaxe e convertila nun podcast


    • Agora que xa coñecemos as técnicas de edición pasamos a ver como escoller o xénero e que plataformas poden servirnos de aloxamento. Veremos, ademáis, cómo crear unha escaleta decontidos.

      O alumnado gravará as súas propias voces e as dos colaboradores e entrevistados, baixo a forma de reportaxes, entrevistas e crónicas. Finalmente subirán cada pódcast gravado a actividades tipo 

      Pódcast da aula virtual do curso, opción que ofrece Moodle e que serve para unificar os diferentespódcast do alumnado nunha mesma ubicación, actuando así como unha serie de gravacións do mesmo programa. Deste xeito, todo o alumnado terá acceso á serie completa.

    • Este bloque contará cuns contidos expandidos destinados aos docentes, ocultos para o alumnado dentro da aula virtual, e unha versión simplificada dos mesmos para o alumnado. 

  • contidos en letras de scrabble


  • Agora que xa coñecemos a teoría, pasamos a por en práctica o aprendido. Imos gravar reportaxes en formato pódcast e compartilos co resto da aula



    • Antes de comezar

    • Antes de comezar lee este documento de apoio

    • A través deste timeline, marcaremos algúns dos fitos da unidade.

      Esta ferramenta, así empregada, é idónea para marcar prazos que o alumnado coñeza e teña presente para as súas rutinas.

      Este recurso figura como non accesible para o alumnado, pero unha vez completada coas datas elixidas polo docente, podería ser publicada na aula virtual.


    • Falamos  ?

    • Poñede aquí en común as dúbidas que teñades, de xeito que poidades axudarvos uns aos outros


    • Aprendemos ?

    • Titoriais e videotitoriais

      Os seguintes titoriais tamén están tamén colgados na ODE 4.

    •  Qué é? Qué elementos adoita ter?

    • Neste vídeo se vos explica cómo subir o voso pódcast á aula virtual

    • Este vídeo explica cómo crear unha actividade pódcast na aula virtual


    •  Traballamos ?

    • Enunciado

      En grupos, escollede un conto, lenda urbá, canción... e gravade unha reportaxe sobre iso. Narrádeo como se fose un suceso real. Podedes contar, por exemplo, cómo unha nena vestida de vermello levou unha cesta de comida á avoa e todo se torceu absurdamente. 

      Despois subide o voso podcast aquí, xunto cos dos vosos compañeiros, e escoitade os dos demáis na aula.

    • Enunciado

      En grupos, escollede un tema que que vos interese ou afecte. Preguntade a compañeiros/as doutros cursos a súa opinión ao respecto. Atopade opinións diferentes.

      Despois subide o voso podcast aquí, xunto cos dos vosos compañeiros, e escoitade os dos demáis na aula..

    • Enunciado

      En grupos, escollede unha persoa do centro que non conozades e entrevistádea. 

      Despois subide o voso podcast aquí, xunto cos dos vosos compañeiros, e escoitade os dos demáis na aula.


      Recursos

      Para facelo primeiro debedes redactar qué preguntas lle ides facer, por exemplo: 

      • Onde naciches?  

      • Viveches noutras cidades ou vas en verán a outros sitios? Fálame deles 

      • A que se adican os teus pais? 

      • Qué é o que che gusta máis facer? Por qué? 


    • Enunciado

      Imos combinar reportaxe e debate. En grupos, escollede un tema e:

       

      1- gravade unha reportaxe: Brevemente contade de qué vai, resumíndoo

      2- gravade un debate: conversade sobre o tema, todo o mundo ten que decir o contrario do que pensa e defendelo.

      Despois subide o voso podcast aquí, xunto cos dos vosos compañeiros, e escoitade os dos demáis na aula.


    •  Checklist da OD ?

    • Conseguiches gravar unha reportaxe?
    • Conseguiches entrevistar a xente sobre temas de actualidade?
    • Fuches quen de debatir, xunto cos teus compañeiros, sobre temas de actualidade?
    • Conseguiches subir todas as túas gravacións á tarefa Podcast correspondente?
    • Se completaches a anterior lista, noraboa, completaches con éxito este cursiño! ?