Section outline


  • Agora que xa coñecemos a teoría, pasamos a por en práctica o aprendido. Imos gravar reportaxes en formato pódcast e compartilos co resto da aula



    • Antes de comezar

    • Antes de comezar lee este documento de apoio

    • A través deste timeline, marcaremos algúns dos fitos da unidade.

      Esta ferramenta, así empregada, é idónea para marcar prazos que o alumnado coñeza e teña presente para as súas rutinas.

      Este recurso figura como non accesible para o alumnado, pero unha vez completada coas datas elixidas polo docente, podería ser publicada na aula virtual.


    • Falamos  ?

    • Poñede aquí en común as dúbidas que teñades, de xeito que poidades axudarvos uns aos outros


    • Aprendemos ?

    • Titoriais e videotitoriais

      Os seguintes titoriais tamén están tamén colgados na ODE 4.

    •  Qué é? Qué elementos adoita ter?

    • Neste vídeo se vos explica cómo subir o voso pódcast á aula virtual

    • Este vídeo explica cómo crear unha actividade pódcast na aula virtual


    •  Traballamos ?

    • Enunciado

      En grupos, escollede un conto, lenda urbá, canción... e gravade unha reportaxe sobre iso. Narrádeo como se fose un suceso real. Podedes contar, por exemplo, cómo unha nena vestida de vermello levou unha cesta de comida á avoa e todo se torceu absurdamente. 

      Despois subide o voso podcast aquí, xunto cos dos vosos compañeiros, e escoitade os dos demáis na aula.

    • Enunciado

      En grupos, escollede un tema que que vos interese ou afecte. Preguntade a compañeiros/as doutros cursos a súa opinión ao respecto. Atopade opinións diferentes.

      Despois subide o voso podcast aquí, xunto cos dos vosos compañeiros, e escoitade os dos demáis na aula..

    • Enunciado

      En grupos, escollede unha persoa do centro que non conozades e entrevistádea. 

      Despois subide o voso podcast aquí, xunto cos dos vosos compañeiros, e escoitade os dos demáis na aula.


      Recursos

      Para facelo primeiro debedes redactar qué preguntas lle ides facer, por exemplo: 

      • Onde naciches?  

      • Viveches noutras cidades ou vas en verán a outros sitios? Fálame deles 

      • A que se adican os teus pais? 

      • Qué é o que che gusta máis facer? Por qué? 


    • Enunciado

      Imos combinar reportaxe e debate. En grupos, escollede un tema e:

       

      1- gravade unha reportaxe: Brevemente contade de qué vai, resumíndoo

      2- gravade un debate: conversade sobre o tema, todo o mundo ten que decir o contrario do que pensa e defendelo.

      Despois subide o voso podcast aquí, xunto cos dos vosos compañeiros, e escoitade os dos demáis na aula.


    •  Checklist da OD ?

    • Conseguiches gravar unha reportaxe?
    • Conseguiches entrevistar a xente sobre temas de actualidade?
    • Fuches quen de debatir, xunto cos teus compañeiros, sobre temas de actualidade?
    • Conseguiches subir todas as túas gravacións á tarefa Podcast correspondente?
    • Se completaches a anterior lista, noraboa, completaches con éxito este cursiño! ?