Section outline
-
Vexamos como funciona a información no mundo, mentres intentamos fomentar o espíritu crítico do alumnado.
Enfrontaremos, nesta OD, cuestións de ética xornalística, a través de tarefas que expoñan o mal uso da información .

-
Antes de comezar lee este documento de apoio
-
A través deste timeline, marcaremos algúns dos fitos da unidade.
Esta ferramenta, así empregada, é idónea para marcar prazos que o alumnado coñeza e teña presente para as súas rutinas.
Este recurso figura como non accesible para o alumnado, pero unha vez completada coas datas elixidas polo docente, podería ser publicada na aula virtual.
-
Poñede en común as dúbidas que teñades, de xeito que poidades axudarvos uns aos outros
-
Antes de comenzar a traballar nas tarefas, aquí queda unha explicación de que son as Fake news ou noticias falsas e porque é tan importante saber recoñecelas
-
Resume do xogo e proposta de tarefa (só para docentes).
-
Hoxe imos pescar titulares clicbait.
Primeiro lede o documento onde se explica o que son os clicbaits e por parellas, entrade na sección de novas de Google e localizade polo menos catro titulares cebo.
Unha vez localizados, lede as noticias e respondede as seguintes preguntas:
-Que características, das que limos antes, cumpren os titulares que seleccionastes, para que dicir que son cebo?
-
Hoxe imos facelo ao revés.
Entra na páxina do teu xornal preferido e transforma os seus titulares en clicbaits.
-
Un bo titular xornalístico debe intentar dar a información relevante nunha soa mirada, os clicbaits son todo o contrario. O usuario de X aforrando clicbaits responde aos titulares cebo respondendo a súa intriga.
Por parellas elaborade os titulares correctos para algunhas das noticias que analizáchedes antes. -
Ides xogar ao bad news game e convertirvos nuns maléficos desinformadores, creadores de noticias falsas. Neste xogo, a diferencia do que debedes facer na vida real, trátase de crear as máis terribles estratexias para conseguir seguidores a toda costa.
Agrupádevos en parellas e intentade ganar os distintivos por impersonación, emoción, descrédito, trolling, polarización e conspiración mentres explicades que significa cada un destes termos.
Logo intentade responder a seguinte cuestión:Que crees que motiva á xente a crear e difundir fake news?
O xogo polo de agora non ten versión en castelán, si existe en portugués e mais en inglés, pero trátase dun xogo bastante sinxelo de seguir e traducilo non é difícil. -
Escribe a túa propia historia de Fake news (ate 300 palabras). Explica como usaches habilidades asociadas con polo menos tres dos distintivos do xogo de bad news game para facer que a túa historia sexa "digna de clics".
-
Hoxe seredes detectives de fake news, buscade na rede exemplos de noticias falsas e buscade, se as topades as consecuencias que poido ter esa nova.
Podedes consultar tamén a páxina maldito bulo, onde poderedes ver como se desmontan algúns dos bulos reais que circulan en internet. -
Que pensas desta cita: "Unha mentira repetida constantemente, acaba por converterse en verdade”. véslle algunha relación co tema que estamos a tratar? Investigade sobre a cita e tirade as conclusións oportunas.