Section outline
-
Concluamos o bloque de como funciona a información no mundo, dándolle forma ao aprendido na OD1 e preparándonos para a elaboración do guión dun podcast
Intentaremos aquí organizar certas rutinas e organizalas en torno a un fluxo de traballo axeitado.

-
Antes de comezar lee este documento de apoio
-
A través deste timeline, marcaremos algúns dos fitos da unidade.
Esta ferramenta, así empregada, é idónea para marcar prazos que o alumnado coñeza e teña presente para as súas rutinas.
Este recurso figura como non accesible para o alumnado, pero unha vez completada coas datas elixidas polo docente, podería ser publicada na aula virtual.
-
Conta aquí as túas dúbidas e consultas sobre este tema, a ver se entre todos as podemos solucionar.
-
Hoxe traballaremos sobre o que é a liña editorial.
-Que liña editorial cres que siguen as diferentes publicacións que tedes hoxe na clase. Para que público cres que están pensadas.
-E o voso podcast, que liña editorial queredes darle e para que público obxectivo pensades que estará dirixido?
-
Sobre algunha das novas seleccionadas estes días, localiza as fontes, que tipoloxía teñen.
Tempo de aplicar o aprendido. Busca fontes para o teu podcast.
-
Que vas presentar á reunión de contido?
-
a newsroom. Hoxe a clase será a sala de redacción dun medio de comunicación e imos decidir os contidos a desenvolver nos vosos podcasts.
Uns días antes comezaredes a pensar posibles contidos que propor. Cada un dos grupos de podcast levaredes, polo menos, catro propostas sólidas.
Podedes procuralos, atendendo a actualidade da seman, as lecturas destes días da clase, ou a alguna inquedanza propia ou conversa que teñades escoitado últimamente. O voso entorno está cheo de feitos que poderían considerarse noticiables.
Investigade sobre elas e buscade onde poderiades topar as vosas fontes.
Listos para a reunión de contidos? A/o profe será o director e vos os xefes de sección. Expoñede as vosas propostas con argumentos sólidos e conseguide que as vosas novas cheguen aos vosos podcasts.
-
(só para docentes)
-
Deseñade o voso fluxo de traballo, xa sexa nun xa sexa dun xeito físico, a través Dunha pizarra na clase ou dixital a través da plantilla do taboleiro do podcast que tedes ao principio da OD ou dentro dun proxecto de Trello.