Section outline
-
Tema 7: A reprodución nos organismos vivos.
Gústame observar as formigas cando están fóra do formigueiro na procura de alimento. O seu bulir metódico e disciplinado sempre me deixa admirado. Unha formiga, non sei por que razón, estase afastando do que ata o de agora era unha perfecta ringleira. As que ían detrás dela seguen o seu rastro desviándose tamén. No punto de desvío, as que viñan en sentido contrario deteñen a súa marcha e van amoreándose cada vez máis formigas sen saberen que rumbo tomar.
Non podo evitar pensar no paralelismo desta situación coas enfermidades que teñen a súa orixe nunha célula descontrolada, como por exemplo o cancro. Cada unha das células que forman o noso corpo xorden da división dunha célula preexistente e morren ao dividirse para formar novas células; é o que chamamos ciclo celular. O control deste ciclo (cando deben reproducirse as células e cando non) é preciso para o correcto funcionamento do noso organismo o que permite, por exemplo, a renovación de tecidos danados ou de células como os glóbulos vermellos do sangue (duran uns catro días no torrente sanguíneo). Algunhas células alteradas
(por motivos diversos e a miúdo descoñecidos), denominadas canceríxenas, escapan a este control e reprodúcense constantemente (cancro) podendo invadir outros tecidos (metástase).Sabías que…? Gertrude Belle Elion desenvolveu substancias que interrompían o ciclo celular das células anormais (canceríxenas) sen alterar o das sas. Christiane Nüsslein-Volhard descubriu diversos aspectos do control xenético no que respecta ao desenvolvemento embrionario nas súas fases temperás.


Ligazóns externas