Section outline
-
Tema 8: A enerxía nos ecosistemas.
Hoxe fun á praia a Punta carreirón, na Illa de Arousa. A brisa mariña e a auga do mar axudan a soportar as altas temperaturas. Observo o Areoso fronte a min alá ao lonxe e pregúntome que animais haberá alí. Insectos? Seguro que si. Aves? Por suposto. Réptiles? É probable pero… como chegaron alí? Os insectos e as aves poden voar e así chegar ata unha illa (ou calquera outro novo lugar) pero os réptiles… E agora que o penso, como chegaron as plantas? Poderán as sementes chegar ata illas moi afastadas dos continentes?
Dándolle voltas ao asunto decátome de que os ecosistemas, ao igual cós seres vivos, evolucionan ao longo do tempo. Teñen unha orixe e sofren transformacións que poden ser a curto ou a longo prazo. Os cambios a curto prazo son modificacións no propio ecosistema (unha especie que substitúe a outra, por exemplo), mentres que os cambios a longo prazo supoñen a substitución dun ecosistema por outro distinto (por exemplo, un deserto por unha pradaría). Esta evolución provoca que as relacións entre os elementos que constitúen o ecosistema sexa moi íntima e delicada. Deste xeito calquera alteración nun elemento provoca cambios en cadea en todo o ecosistema. Nestes vídeos podes ver dous exemplos destas estreitas relacións.
Ligazóns externas