Section outline
-
Tema 2: A enerxía na nosa vida.
Vai moita calor! Pero aquí, na beira do río, baixo un ameneiro, estou ben. Sento nunha rocha e saco a tablet para consultar o correo electrónico. Por un carreiro entre dúas leiras vexo pasar un carro de vacas que volta para a casa cheo de herba. De seguido penso no rapidamente que evolucionaron as máquinas nos últimos séculos, e sobre todo nas últimas décadas.
Dende a prehistoria o ser humano utiliza ferramentas (xeralmente como prolongacións das súas mans) coas que empregar a enerxía (mecánica) para facilitar as súas tarefas (cazar, pescar, tecer, cociñar…). As máquinas a penas sufriron variacións durante moitos séculos, mellorando unicamente a súa eficiencia no aproveitamento das forzas, xa fosen as súas propias, as de animais, da auga dun río, dun plano inclinado… Pero todo isto cambiou a partir do século XVIII coa invención da primeira máquina térmica, que foi a base da chamada Revolución Industrial xa no século XIX. Logo inventáronse máis e máis máquinas que transformaban a enerxía, o que foi modificando e mellorando as nosas vidas. A orixe da tablet está na máquina analítica (aínda mecánica) de Charles Babbage.
En pouco máis de 150 anos pasamos das máquinas mecánicas (carro de vacas ou máquina de Babbage) ás térmicas e electrónicas máis sofisticadas.
Sabías que…? Ada Lovelace é considerada a primeira programadora por desenvolver a programación analítica de máquinas como a de Babbage.

Ligazóns externas