Section outline
-
Tema 5: A enerxía nos organismos vivos. A nutrición.
Saímos do cine con fame e decidimos tomar unhas tapas en Don Comellón. Patacas mimosas, polbo con queixo, lombo á crema… Moi saboroso todo pero moi calórico polo seu alto contido en graxa e glícidos. Ningún de nós temos sobrepeso, facemos deporte con regularidade (somos xogadores do club de baloncesto) e non fumamos, polo que non nos preocupa o colesterol, nin engordar, nin as enfermidades cardiovasculares… Vexo que Xoán, discretamente, saca do peto un boli grande, xira a rodiña superior para axustar a dose, retira a tapa deixando unha pequena agulla ao descuberto e inxéctase no bandullo a insulina que precisa. Xoán ten unha preocupación engadida, controlar os seus niveis de azucre en sangue, posto que é diabético.
Sabías que…? Gerty Theresa Cori descubriu como as células utilizan o glicóxeno (glícido de reserva enerxética en animais), que é onde actúa a insulina. Dorothy Crowfoot Hodgkin coa técnica analítica de raios X descubriu a estrutura tridimensional de moléculas biolóxicas complexas como a penicilina, a vitamina B12 ou a insulina.


Ligazóns externas