Section outline
-
Tema 4: Os cambios físicos e químicos.
Onte vin no telexornal un accidente que ocorreu durante unha proba dun rally. Un coche saía do camiño e ía bater contra unha árbore. Piloto e copiloto foron trasladados a un hospital próximo e logo de seren sometidos a varias probas reciben a alta médica. Se virades como quedou o coche pensariades que era imposible que sobreviviran. Pero a realidade é que a combinación, por unha banda, do estudo físico do movemento, das forzas, dos materiais.. orientado cara á seguridade e a protección dos pilotos, e por outra dos avances médicos en diagnóstico e tratamento (tanto físicos coma químicos), salva milleiros de vidas.
Sabías que…? Rosalind Yalow inventou unha técnica chamada radioinmunoensaio que combina unha reacción química (antíxeno-anticorpo) cun método de medida de radiación electromagnética (radiométrico) que permite a detección de moitísimas enfermidades.

Ligazóns externas