Section outline
-
Tema 3: A enerxía que percibimos: luz e son.
Tombados na herba mirando ao ceo xogamos a descubrir formas nas nubes. Todo está en silencio; só escoitamos o trilar duns paxaros ao lonxe e a brisa suave entre as herbas. Un oso, un autobús, un saxo… calquera cousa pode aparecer. Un avión (este é real) aproxímase dende o leste. Podemos ver o seu bandullo prateado e as luces intermitentes da ás. Xa pasou por diante nosa e avanza paseniño cara ao sur. É agora cando escoitamos o ruído das súas turbinas. Por que cando xa o viamos aínda non o podiamos oír? Pois porque viaxa máis rápido que o son! E como viaxa o son? Que velocidade ten? E a luz, como viaxa a luz? Que velocidade ten? Nada vai tan rápido como as preguntas que nacen da curiosidade dos rapaces!
Sabías que…? Pode medirse a velocidade da luz utilizando un microondas e unha libra de chocolate. No seguinte vídeo explícanche como.
Ligazóns externas