No mes de setembro celebraranse probas de clasificación de todos os idiomas na sede central e seccións, co fin de que as persoas que posúen coñecementos dun idioma pero non un certificado que o acredite poidan matricularse nun curso superior ao primeiro nas vacantes que quedan en setembro.
Hai que ter en conta que:
Se xa te matriculaches para o curso 2026-27, non podes presentarte á proba de clasificación de setembro.
Presentarse ás probas de clasificación non garante que haxa praza vacante no nivel asignado.
O alumnado interesado en presentarse a ditas probas deberá formalizar a súa matrícula nelas entre o 27 de agosto e o 2 de setembro ás 14:00, seguindo o procedemento que atopará aquí.
Poden consultarse as datas nas que se celebrarán as probas de cada idioma e sección no seguinte documento.
Para calquera dúbida relacionada coa matrícula, pago de taxas ou coa proba, o alumnado interesado en facer a proba na sección da EOI en Arteixo pode escribir a eoi.coruna.arteixo@edu.xunta.gal