Ir o contido principal
Inicio

Navegación principal

  • Inicio
  • A EOI
    • Oferta educativa
    • Localización
    • Equipo directivo
    • Horarios
    • Calendario escolar
    • Exames
    • Documentos do centro
    • Proxectos de innovación
    • Biblioteca
    • EDLG
    • Asociación Mar de Lenguas
  • Idiomas
    • Alemán
    • Árabe
    • Chinés
    • Español como lingua estranxeira
    • Francés
    • Galego
    • Inglés
    • Italiano
    • Portugués
    • Ruso
    • Xaponés
  • Seccións
    • Arteixo
    • Carballo
    • Cee
    • Culleredo
  • Secretaría
    • Contacto
    • Horario
    • Acceso a CentrosNet
    • That's English!
    • Trámites administrativos
      • Solicitude de títulos
      • Solicitude de certificados académicos
      • Cambios de horario
      • Solicitude de adaptación
      • Renuncia á matrícula
      • Traslados
      • Devolución de taxas
      • Reclamación de cualificacións
    • Matrícula
      • Oficial
      • Cursos de destrezas sen exame
      • Cuadrimestral
      • Libre
      • CELGA e LAG
  • Ausencias

Matrícula libre nas probas de certificación

Por admin, 20 Febreiro, 2026

De acordo coa Instrución 1/2026 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se regulan as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime oficial e libre para o curso 2025/26, ábrese o prazo de matrícula libre do 23 de febreiro ao 6 de marzo.

Dependendo do colectivo, farase a inscrición nas seguintes ligazóns:

Alumnado libre de todos os idiomas e niveis excepto B2 e C1 de galego e inglés

  • Ligazón de matrícula: https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre/alumnos/index.php
  • Instrucións para o pago das taxas 
  • Documentación que hai que achegar na propia plataforma de matrícula: 
    • Resgardo de pago

    • DNI ou NIE

    • No caso de menores de 16 anos, certificado de 1ª lingua cursada na ESO (Anexo II)

    • De ser o caso, solicitude de adaptación (Anexo III) e certificado de discapacidade

    • No caso de dereito a exención de pago, documentación acreditativa

Alumnado libre de B2 e C1 de galego e inglés

Este alumnado ten que facer unha preinscrición entre o 23 de febreiro e o 6 de marzo, na que escollerá tres centros por orde de preferencia. Non se pagan taxas nesta preinscrición.

O 11 de marzo farase un sorteo para asignar as prazas, cuxo resultado poderá consultarse o 12 de marzo na mesma plataforma de preinscrición (para o que terá que empregarse o mesmo contrasinal que se cree no momento da preinscrición). Deberá formalizarse a matrícula entre o 12 e o 20 de marzo, momento no que haberá que achegar a mesma documentación que se indica no caso do alumnado libre dos demais niveis e idiomas.

  • Ligazón de preinscrición: https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre/alumnos/index.php

Alumnado CALC e CUALE

  • Ligazón de inscrición: https://www.informaticacentros.com/xunta/
  • Documentación que hai que achegar na propia plataforma de inscrición:
    • DNI ou NIE

    • Só no caso de repetidores CALC, resgardo de pago de taxas

Alumnado de That's English!

  • Ligazón de inscrición: https://www.informaticacentros.com/xuntathats/    

Aula Virtual - Moodle

 

CentrosNet

 

Instagram

 

User account menu

  • Iniciar sesión