ALUMNADO ANTIGO (quen xa estivo algunha vez matriculado nunha EOI de Galicia) | |||
| Tipo de alumnado | 1 idioma | 2 idiomas | 3 idiomas |
| Alumnado ordinario | 46 | 92 | 138 |
| Familia numerosa xeral | 23 | 46 | 69 |
| Familia numerosa especial | 0 | 0 | 0 |
| Certificado de discapacidade, víctimas de actos terroristas, víctimas de violencia de xénero | 0 | 0 | 0 |
| Funcionarios docentes | 0 | 0 | 0 |
ALUMNADO NOVO (quen se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia) | |||
| Tipo de alumnado | 1 idioma | 2 idiomas | 3 idiomas |
| Alumnado ordinario | 68 | 114 | 160 |
| Familia numerosa xeral | 34 | 57 | 80 |
| Familia numerosa especial | 0 | 0 | 0 |
| Certificado de discapacidade, víctimas de actos terroristas, víctimas de violencia de xénero | 0 | 0 | 0 |
| Funcionarios docentes | 22 | 22 | 22 |
Procedemento de pago:
Pódese facer de dous xeitos (en ambos é imprescindible o envío do resgardo deste pago a través da plataforma de CentrosNet, xunto co resto da documentación requirida):
- Recollendo o impreso de taxas na conserxaría do centro, cubríndoo e pagando no banco.
- Pagando telematicamente nesta ligazón, seguindo os pasos deste titorial.
Todas as persoas que teñan dereito a descontos ou exencións deben achegar a documentación xustificativa por CentrosNet.
As taxas da EOI en Galicia están reguladas polo Decreto 89/2013 do 13 de xuño (DOG do 17/06).
Os descontos para os funcionarios en activo dos corpos docentes están establecidos na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 04/05). Este colectivo só está exento das taxas de matrícula nas materias de nova matriculación. O persoal docente deberá acreditar que está en servizo activo no momento de formalizar a matrícula presentando un certificado de servizos prestados (pódese obter en Datos Persoais).