Que é a matrícula libre?
É unha modalidade que permite ao alumnado presentarse directamente ao exame de certificación dun nivel (A2, B1, B2, C1 ou C2) sen asistir ás clases durante o curso. Está pensada para persoas que xa teñen coñecementos da lingua e desexan obter unha acreditación oficial.
A ter en conta
- A matrícula libre permite acceder directamente ao exame de certificación que se realiza en maio/xuño.
- Non se pode estar matriculado/a como oficial e libre no mesmo idioma no mesmo curso, no mesmo nivel.
- O alumnado libre poderá matricularse en calquera dos niveis das probas de certificación. Non é requisito indispensable dispoñer do certificado do nivel anterior.
- O exame consta das mesmas probas que a modalidade oficial, e os resultados teñen a mesma validez.
- O alumnado libre só pode presentarse á convocatoria ordinaria das probas de certificación
Quen pode matricularse?
- Persoas de 16 anos ou máis (cumpridos no ano natural en que se inicien os estudos).
- Persoas de 14 anos ou máis, se o idioma elixido non é o cursado como primeira lingua estranxeira na ESO.
Procedemento
A matrícula realízase en liña, uns meses antes de que se realicen as probas.
É necesario pagar as taxas e presentar o resgardo de pago, ademais de, se procede, a documentación correspondente.
Cando se abran os prazos de matrícula, facilitaranse as ligazóns necesarias nas novas desta web.