INFORMACIÓN XERAL
- A proba de clasificación é unha proba de nivel para aqueles que accedan a estudos dunha lingua nunha EOI e teñan coñecementos previos que non podan certificar.
- A proba de clasificación non certifica o nivel de lingua. É unha vía de acceso a un curso superior ao inicial cando non hai documentación que certifique ese nivel.
- A proba non da dereito automático a unha praza no nivel no que se vaia matricular o alumnado.
- O resultado da proba será válido para matricularse en calquera EOI de Galicia durante dous cursos.
- Poderá optar por outras vías de acceso (titulacións) aínda que faga a proba de clasificación.
- Idade mínima: 16 anos cumpridos no ano natural no que se matricula para a primeira lingua estranxeira cursada na ESO ou 14 anos cumpridos no ano natural no que se matricula para outras linguas.