O prazo de matrícula nos nosos cursos adoita abrir no mes de xuño. O alumnado novo deberá realizar a preinscrición para formalizar a súa incorporación.
Para aquelas persoas que desexen ingresar nun nivel superior a A1, existe a posibilidade de realizar unha proba de nivel, que normalmente se leva a cabo tamén no mes de xuño. Ademais, tamén poden acceder a niveis superiores aquelas persoas que conten con outras titulacións acreditadas.
Ademais, ofrecemos a opción de presentarse a exames libres, que adoitan celebrarse no mes de xuño. A matrícula para estes cursos específicos de exames libres realízase normalmente no mes de abril.
Matrícula no curso 2026-27
🆕 Alumnado novo acceso (incluído alumnado que renunciou á matricula no curso 25/26):
- Preinscripción: 15 de xuño ata o 6 de xullo → Preinscrición en liña
- Formalización da matrícula posterior: do 9 ao 20 de xullo
🔄 Alumnado oficial do curso 2025/26:
- Reserva de praza e matrícula en CentrosNet.
- Alumnado apto na convocatoria ordinaria: do 8 de xuño ao 19 de xuño, para continuar no mesmo idioma e escola.
Alumnado apto, non apto, ou non presentado na convocatoria extraordinaria: do 26 de xuño ao 6 de xullo.
Pocedemento de matrícula