Unha vez coñecidos os aspectos básicos da edición en eXeLearning, imos abordar algúns elementos un pouco máis avanzados para ampliar as posibilidades de edición e mellorar o aspecto dos nosos REA. Neste módulo ocuparémonos da maquetaxe de glosarios, créditos dos recursos multimedia e táboas. Tamén veremos como empregar o iDevice GeoGebra e todas os recursos que ofrece eXe para escribir fórmulas matemáticas.
Nas últimas dúas seccións queremos destacar as actividades, que ofrece eXe, equivalentes a moitas de H5P (ao tratarse dunha ferramenta coñecida por boa parte do profesorado). Finalmente, presentamos notas para o uso de alfabetos non latinos, de utilidade en materias como Grego, que, se ben non son materias dos REA desta edición, poden ser de interese para algúns docentes.