Antes de empezar a escribir as fórmulas convén ter en conta estas indicacións.
Necesidade de conexión a Internet
Para que se poidan ver os símbolos e fórmulas matemáticas é necesaria a existencia dunha conexión a Internet, xa que MathJax traballa a través de Internet.
Escribir fórmulas na área de traballo
En eXe as fórmulas escríbense directamente no texto da área de traballo e non debe utilizarse o botón de fórmulas que leva o editor. As fórmulas comezan sempre por \( e terminan con \).
Mentres escribimos o texto e as fórmulas na área de traballo, estamos en modo edición, nestes momentos non podemos ver como queda a nosa fórmula, nin se está ben feita, xa que o que vemos é o código que escribimos. Para poder visualizala correctamente deberemos pulsar o botón Feito que temos na parte inferior esquerda do editor:
. Así pois, deberemos ir alternando entre o modo edición e modo de visualización do texto.
Copiar e pegar as fórmulas
Unha dos erros máis frecuentes prodúcese á hora de copiar e pegar fórmulas. Le atentamente esta sección para evitar os problemas.
Cando copiamos texto dunha páxina de Internet, xunto co texto que queremos, adóitase copiar unha gran cantidade de especificacións do formato co que foi escrito (tipo de letra, tamaño, cor etc.). Isto case sempre interfire co que desexamos facer e no caso das fórmulas poden chegar a non funcionar. Se vas copiar e pegar código no teu propio documento de eXe recomendámosche que non o fagas directamente, senón utilizando o botón que hai na barra do editor
que permite alternar entre pegado con e sen formato. De forma alternativa podes usar a combinación de teclas CONTROL + MAYÚS. + V
Fórmulas interactivas
As fórmulas que aparecen neste documento e as que ti mesmo/a crearás son interactivas, xa que pulsando o botón dereito do rato sobre elas podes acceder a varias opcións, entre elas o código que se utiliza para crealas.