Como crear e configurar glosarios
Ao longo do REA haberá palabras, termos e conceptos que deben ser aclarados, definidos e explicados.
Este conxunto de palabras forman o glosario, que pode estar composto por diferentes tipos de palabras:
- Palabras difíciles de comprender
- Palabras de uso pouco frecuente
- Palabras clave do tema

Características do Glosario (xeral)
Todas as palabras que vaias definir nunha páxina do teu REA deben agruparse e presentarse ao comezo desta nun botón de cor morada, seguindo unha orde alfabética, usando a icona
. O glosario engadirase naquelas páxinas nas que se defina algunha palabra; de non ser o caso, non é preciso incorporar o botón Glosario.
Características do botón Glosario
- O antedito botón terá como título “Glosario”.
- Todos os REA denominarán este botón coa mesma nomenclatura (no idioma correspondente).
- Do mesmo xeito que o resto de elementos do REA, este botón deberá ser anunciado e explicado (como se usa e para que serve) na guía de uso do alumnado.
- Este botón sitúase ao comezo de cada páxina do REA no que se precise o seu uso: neste caso conterá só as palabras desta páxina.
Elementos do botón Glosario
- A colección de palabras que se definen preséntanse co efecto Acordeón e ordenadas por orde alfabética.
- Inclúe para cada palabra unha imaxe:
- Tamaño 125px de ancho.
- Aliñación á esquerda con texto ao redor.
- Separación de 10px con respecto ao texto.
- Incluír Título e Descrición na lapela xeral, como se fai para calquera imaxe que se insire na caixa de texto dun iDevice.
- Inclúe tamén unha Definición:
- Facilita a súa comprensión usando unha linguaxe de uso frecuente para o ciclo e a etapa.
- Inclúe por último un Exemplo:
- Coherente coa imaxe e a definición e próximo á realidade do alumnado.
Como deseñamos as definicións para as palabras en inglés?
- Imaxe:
- Tamaño 125.
- Aliñación á esquerda con texto ao redor.
- Separación de 10px con respecto ao texto.
- Incluír en español o Título e Descrición na lapela xeral, como se fai para calquera imaxe que se inserir na caixa de texto dun iDevice.
- Definition:
- Facilitar a súa comprensión usando unha linguaxe de uso frecuente para o ciclo e a etapa.
- Incluír neste apartado:
- A definición en inglés.
- A definición en español.
- Example:
- Exemplo coherente coa imaxe e a definición e próximo á realidade do alumnado.
- Incluír neste apartado:
- Exemplo en inglés.
- Exemplo en español.
- Spanish word: palabra en español.
- Audio en inglés.
Alternativas ao glosario
Lembra que tamén podes definir palabras na caixa de texto dun iDevice como acompañamento a unha explicación do tema que se desenvolve no REA, sen necesidade de que sexan incluídas no botón Glosario.
- Neste caso a definición forma parte dun proceso de construción de novas ideas, de evocación etc.
- Pode acompañarse de tantos recursos de apoio como sexan necesarios (imaxes, exemplos...).
Na seguinte imaxe podes ver destacada de cor amarela a definición integrada dentro dun texto.
