Cando se usan os corchetes para crear as fórmulas, quedan sempre á esquerda. Aínda que poñamos a xustificación central co editor a fórmula segue quedando á esquerda: \[e = \frac 1 x \] \[e = \frac 1 x \]
Se desexamos centrala bastará con escribir a fórmula dentro dunha táboa centrada dunha única cela. Para que non se vexan os bordos da táboa hai que eliminalos tanto nas propiedades da táboa como nas da cela.
- Unha vez inserida a táboa escribimos no seu interior a fórmula e abrimos as súas propiedades.
| \[ e = \frac 1 x \] |
Nas propiedades, ficha Xeral, modificamos o seguinte:
- Ancho: 0%
- Aliñación: Centrado
- Pulsamos sobre a ficha Avanzado e modificamos Border style: Ningún/a
Nestes momentos a táboa terá este aspecto:
| \[ e = \frac 1 x \] |
Só falta quitar o bordo da cela. Pulsar en Táboa > Cela > Propiedades da cela.
Na lapela Avanzado, seleccionamos Border style: Ningún/a e pulsamos Aceptar.
Xa temos a fórmula centrada como queriamos:
| \[ e = \frac 1 x \] |
Que ao visualizala queda así:
| \[ e = \frac 1 x \] |
\ [ e = \frac 1 x \ ]