Saltar navegación

6. Alfabetos non latinos

Que podemos facer se queremos crear un recurso para a aprendizaxe de grego, hebreo ou ruso? Dispón eXeLearning dalgún modo de incluír os caracteres que non aparecen no alfabeto castelán?

A resposta é si: pero non se trata de algo que debamos facer con eXeLearning, senón que a solución pasa por dicirlle ao noso sistema operativo que estamos a utilizar un teclado estranxeiro... Seguro que os docentes que se viron na necesidade de escribir no idioma da súa especialidade xa saben dabondo como facelo, pero, por se acaso, indicamos como facelo. Esta solución, como se indicou, non serve unicamente para eXeLearning, senón que permitirá escribir con estes caracteres en calquera aplicación que teñamos instalada.

Para aqueles que utilicen Windows, MacOS-X ou Linux, poden seguir estes titoriais da web Alphabetum de Juan José Marcos García.

Cambiar a distribución do teclado na maqueta Abalar:

Pulsamos a opción do "Menú": "Preferencias" → "Teclado" e imos á lapela "Distribucións", pulsamos o botón "+" para engadir unha nova, logo na lapela "Por idioma" buscamos, por exemplo, "Grego Moderno (>1453)", pulsamos o botón "Engadir" e xa poderemos escribir en grego.

Se ademais nas "Preferencias do teclado", onde temos engadido o grego, pulsamos o botón "Opcións..." e na xanela emerxente despregamos a de "Cambiar a outra distribución", poderemos elixir por exemplo a combinación "Ambas as teclas Maiús xuntas" (ou ambas as Ctrl xuntas), para que cada vez que a pulsemos pase da distribución de teclado actual á seguinte.

Lliiurex - Preferencias - Teclado - Distribución

Feito con eXeLearning (Nova xanela)