Hai dous modos para a visualización de fórmulas: texto en liña e modo resaltado.
Modo texto
As fórmulas escríbense en liña co texto e o seu tamaño redúcese en ocasións para que se adapte mellor. Se desexamos fórmulas deste tipo encerraremos o código LaTeX cos símbolos de barra investida e paréntese: \( ... \).
Por exemplo:
- \( ax^2 + bx + c = 0 \), dá como resultado: \( ax^2 + bx + c = 0 \) (o uso de espazos non afecta á fórmula, inclúense para aumentar a súa lexibilidade). Cando o tamaño do modo texto non nos satisfaga podemos forzar o modo resaltado antepondo \displaystyle. Véxase, máis abaixo, o punto: Fraccións.
Modo resaltado
- No segundo dos casos a fórmula escribirase nun parágrafo aparte con aliñación esquerda. Neste caso poremos dous símbolos de corchete a cada lado da fórmula, deste xeito: \[ ... \].
Por exemplo:
- \[ ax^2 + bx + c = 0 \], produce como resultado: \[ ax^2 + bx + c = 0 \]
No modo resaltado as fórmulas quedan sempre na marxe esquerda, para que queden centradas podemos usar táboas (aquí explícase como).
Subíndices e superíndices
- Os subíndices indícanse mediante unha barra de subliñado. Se o subíndice ten máis dun carácter encérranse entre chaves: \( x_n, x_{n+1} \), produce \(x_n, x_{n+1}\)
- Os superíndices indícanse mediante un acento circunflexo. Se o superíndice ten máis dun carácter encérranse entre chaves: \( x^n, x^{n+1} \), produce \(x^n, x^{n+1}\)
Fraccións
As fraccións escríbense co código \frac {numerador} {denominador}. Se a nosa fracción consta dun único carácter no numerador e outro no denominador, poderemos omitir as chaves. As chaves úsanse sempre para agrupar termos e non salguen na ecuación. Se a fracción se fai en modo texto sempre queda dun tamaño máis pequeno, se a desexamos máis grande utilizaremos \displaystyle xusto diante de \frac, tamén é posible utilizar \dfrac que ten o mesmo efecto.
- Modo texto por defecto: \( f(x) = \frac {x+1} {x^2} \): \( f(x) = \frac {x+1} {x^2} \)
- Modo texto forzando o modo resaltado:
- \( f(x) = \displaystyle \frac {x+1} {x^2} \): \( f(x) = \displaystyle \frac {x+1} {x^2} \)
\( f(x) = \dfrac {x+1} {x^2} \): \( f(x) = \dfrac {x+1} {x^2} \)
Paréntese
Para que a fracción, ou calquera outra expresión, quede encerrada entre parénteses grandes poremos \left ( ... \right ) ao principio e final da expresión . Isto aplícase tamén ás chaves e os corchetes. Véxase a sección Delimitadores para coñecer máis opcións.
- \( \left ( \displaystyle \frac {x+1} {x^2} \right ) ^2 \): \( \left ( \displaystyle \frac {x+1} {x^2} \right ) ^2 \)
Máis símbolos e expresións
Podes continuar de forma secuencial (pulsando Seguinte) ou ir á sección de símbolos e outras expresións matemáticas de uso común.
Ao ser un acento non sae á primeira. Hai que pulsar a tecla do acento e despois o espazo.