Saltar navegación

1.3 Táboas e e encabezamentos

  • En ningún caso se fará uso dunha táboa para maquetar. Por exemplo, para colocar unha imaxe centrada.
  • En caso de necesidade de inserir dúas imaxes aliñadas, usar táboa con encabezamento en filas, columnas ou en filas e columnas, ou de distribuír texto en dúas columnas (simétricas ou asimétricas), faremos uso dos modelos accesibles predefinidos existentes en eXeLearning. Ver exemplo no apartado Nomenclatura dos REA e xestión de versións

Inserir --> Modelo

Contido de modelo predefinico

  • Se usas táboas procura que sexan sinxelas (mellor varias táboas sinxelas que unha moi complexa), que estean ben etiquetadas, que sirvan para organizar datos (non para maquetar o contido) e que inclúa título ou lenda e encabezamento.
Captura de pantalla na que pode verse como configurar unha táboa co estilo cREAgal
Elaboración propia. Exemplo de configuración de táboa (CC BY-NC-SA)

Feito con eXeLearning (Nova xanela)