- Inicio
- O centro
- Infantil e Primaria
- Secundaria
- Equipos
- Programas
- Servizos complementarios
- Aula Virtual
- Galerías
Xa está aberto o prazo para formalizar a matrícula en liña do alumnado da ESO para o curso 2026-2027. A continuación, recóllese a información necesaria para realizar este trámite a través da aplicación Admisionalumnado.
Comedor escolar 2026/2027: prazo e documentación para a solicitude
Le a seguinte información se che interesa facer uso do comedor no próximo curso.
ANEXO II.pdf
(1.72 MB)
Solicitude de modificación de itinerario/ nova parada/ cambio de parada por cambio de domicilio
Ábrese o prazo para solicitar MODIFICACIÓN DE ITINERARIO/ NOVAS PARADAS ata o 30 de xuño.
Resumo das instrucións de Consellería:
NON SE AUTORIZARÁN NOS SEGUINTES CASOS:
- se están a menos de 2 km da máis próxima xa existente;
- se están fóra de influencia do centro;
Solicitude cambio de itinerario/ nova parada
(108.27 KB)
Fondo solidario de libros e axudas para material escolar 2026/27
Ola familias!
Aquí tedes toda a información necesaria para solicitar o fondo solidario de libros de texto e a axuda para material escolar do próximo curso escolar 2026-2027.
Solicitude Becas NEAE
Informámoslles que o prazo para solicitar as Becas NEAE (para alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo) estará aberto desde o 19 de maio ata o 10 de setembro de 2026.
A solicitude deberá cubrirse de maneira telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
Prema aquí para realizar a solicitude.
Proceso de admisión do alumnado para o curso 2026-2027
Infórmase do proceso de admisión de alumnado para o curso 2026-2027 en centros docentes sostidos con fondos públicos.
Este procedemento está dirixido exclusivamente ao alumnado que comeza 4º de Educación Infantil e ao alumnado procedente doutros centros educativos que desexe solicitar praza no noso centro.
A continuación detállase a información relevante sobre prazos, forma de presentación de solicitudes e formalización de matrícula.
Fai click na imaxe para ver con maior detalle
