Estimadas familias:
Informámosvos que o pagamento do comedor escolar deberá realizarse entre o día 1 e o 20 do mes seguinte ao da prestación do servizo, de acordo co establecido no artigo 15 do Decreto 132/2013.
O importe dependerá dos días efectivos de uso do comedor. Lembramos que as faltas deberán comunicarse ao centro antes das 9:45 horas do mesmo día para que ese día non sexa incluído no pagamento.
Formas de pagamento:
Espazo Abalar – (opción preferente)
O pagamento pode realizarse directamente a través de Espazo Abalar. Non será necesario entregar o xustificante no centro, xa que o pagamento se comunica automaticamente. ABALAR
Entidades bancarias autorizadas
O pagamento poderá realizarse nas entidades autorizadas. Neste caso, será necesario presentar o xustificante no centro nos 20 primeiros días do mes.
Oficina Virtual Tributaria
Tamén se pode realizar o pagamento de forma telemática a través da Oficina Virtual Tributaria. O xustificante deberá presentarse no centro nos 20 primeiros días do mes. ATRIGA
Para facilitar ás familias a realización dos pagamentos, adxuntamos nesta páxina manuais sinxelos con instrucións paso a paso para realizar o pagamento tanto a través de Espazo Abalar como de ATRIGA.
Grazas pola vosa colaboración.
