Letras Galegas e maios
Celebramos no cole o día das Letras Galegas xunto coa festa dos maios!
Coma outros anos, alumnado de infantil, primaria e secundaria formou grupos interidade para pasar por unha serie de estacións organizadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG). Oito estacións que permitían celebrar as Letras Galegas e os maios e, en especial, coñecer a Begoña Caamaño, persoa á que se lle adican neste ano 2026.
Ao rematar as estacións, puidemos gozar dunha merenda protagonizada pola rosca doce e un anaquiño de tempo de lecer.
Oito talleres cos que coñecimos a Begoña Caamaño e celebramos os maios! |
