Ábrese o prazo para solicitar MODIFICACIÓN DE ITINERARIO/ NOVAS PARADAS ata o 30 de xuño.
Resumo das instrucións de Consellería:
NON SE AUTORIZARÁN NOS SEGUINTES CASOS:
- se están a menos de 2 km da máis próxima xa existente;
- se están fóra de influencia do centro;
- se xa foron denegadas en cursos anteriores e non cambiaron as circunstancias.
PODERÁN AUTORIZARSE NOS SEGUINTES CASOS:
- se hai informe de limitación de mobilidade por parte dos escolares;
- se hai concorrencia doutras circunstancias concretas e extraordinarias que xustifiquen a autorización.
Para facer a solicitude debe achegar cuberto o documento que se anexa, que tamén estará a súa disposición no centro.
Ábrese prazo para solicitude de CAMBIO DE PARADA POR CAMBIO DE DOMICILIO:
ata o 30 de xuño.
Aquel alumnado que mudara de domicilio e teña que facer uso dunha parada diferente debe solicitalo achegando o documento que se anexa, que tamén estará á súa disposición no centro.
