Ola familias!
Aquí tedes toda a información necesaria para solicitar o fondo solidario de libros de texto e a axuda para material escolar do próximo curso escolar 2026-2027.
Prazo de presentación
- O prazo para presentar solicitudes iniciarase o 19 de maio e rematará o 19 de xuño de 2026 (este incluído)
- Deben presentar unha solicitude por cada fillo/a que esté matriculado no centro.
- Non se recollerán na secretaría do centro, as solicitudes que non estén debidamente cubertas, asinadas e aportando a documentación necesaria.
Forma de presentación das solicitudes
-Presentación presencial no centro educativo.
- Presentación na Sede electrónica da Xunta de Galicia, accedendo ao procedemento ED330B, que enlazará coa aplicación Fondolibros. Prema aquí para acceder.
Documentación complementaria
As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude (Anexo 1 e 2) a seguinte documentación:
- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE
