Le a seguinte información se che interesa facer uso do comedor no próximo curso.
De acordo coa instrución 1/2026 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, as familias do alumnado escolarizado no CPI de Zas que desexen facer uso do servizo de comedor escolar durante o curso 2026/2027 deberán presentar o Anexo II – Modelo de autodeclaración e especificacións.
Presentación de solicitudes
Prazo de presentación:
- Do 22 de xuño ao 8 de xullo de 2026 (ambos incluídos).
- Presentarase unha solicitude por cada alumno/a.
Horario de secretaría:
- De 09:00 a 14:00 horas durante os meses de xuño e xullo.
Lémbrase que, no apartado B) Membros da unidade familiar incluído/s o/s alumno/s para o/s cal/es solicita comedor, non deben figurar as persoas que tivesen cumpridos os 18 anos a 31 de decembro de 2025.
Usuarios gratuítos:
Terán dereito ao servizo gratuíto de comedor, independentemente da renda familiar:
- Alumnado en situación de exclusión social acreditada polos servizos sociais correspondentes.
- Alumnado en acollemento residencial ou familiar.
- Alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 33 % acreditada.
- Familias vítimas do terrorismo.
- Familias vítimas de violencia de xénero.
Nestes casos:
- Non é necesario cubrir os datos económicos do anexo.
- Debe marcarse a opción de aboamento de 0 € por día de servizo.
- O documento deberá estar debidamente asinado.
- Será necesario achegar a documentación acreditativa correspondente.
Alumnado fóra de zona:
- O alumnado de fóra de zona que se matricule por primeira vez no centro para o curso 2026/2027 deberá aboar 4,50 € por día de servizo, independentemente da renda familiar.
- O alumnado de fóra de zona xa matriculado no centro en cursos anteriores aboará a cantidade que corresponda segundo a súa renda.
Sinatura da solicitude:
O Anexo II deberá estar asinado polo proxenitor ou polos proxenitores, segundo corresponda.
Documentación:
Nos arquivos dispoñibles máis abaixo poden descargar o Anexo II – Modelo de autodeclaración e especificacións en formato editable para a súa cumprimentación.
Calculadora de simulación de prezos do comedor:
Antes de presentar a solicitude, poden consultar o importe orientativo que lles correspondería aboar polo servizo de comedor empregando a calculadora de simulación.
Prema en "Calculadora de simulación de prezos do comedor" para acceder á ferramenta.
