As familias do alumnado da ESO, poderán formalizar a matrícula para o vindeiro curso a través da aplicación Admisionalumnado.
Para realizar correctamente o proceso, é imprescindible seguir as indicacións recollidas no documento dispoñible na pestana “Matrícula en Liña”, onde se detallan os pasos necesarios para efectuar a matrícula do alumnado no CPI de Zas.
Lémbrase que o alumnado do centro que xa entregou a documentación de matrícula en formato papel non precisa realizar a matrícula en liña.
Para presentar a matrícula é necesario dispoñer do boletín de cualificacións da avaliación final. Por este motivo, o alumnado da ESO do CPI de Zas poderá formalizar a súa matrícula unicamente a partir do 26 de xuño de 2026.
Prazo de matrícula en liña para a ESO:
Do 26 de xuño ao 7 de xullo de 2026, ambos incluídos.
