Saltar navegación

TEA

Pretende ser unha ferramenta de uso para profesionais do ensino e para as familias, marcando o camiño que se debe seguir desde a aparición dos primeiros indicios e procura, orientando a todas as persoas que participan na educación dese alumnado no proceso.

Profesorado titor
A estreita relación que se establece entre a persoa titora e o seu alumnado acentúa a relevancia que a primeira ten na detección de calquera dificultade que lle afecte a algún alumno ou alumna. En consecuencia, se este profesorado, despois dunha observación rigorosa, considera que un neno ou unha nena manifesta comportamentos, signos ou dificultades que se desvían do agardado para a súa idade, debe poñelo en coñecemento da familia e solicitar a intervención da xefatura do departamento de orientación.

As partes clave do documento están no apartado de Tratamento educativo,páx.19, onde se explicitan as actuacións, e medidas educativas.