Saltar navegación

Absentismo Escolar

Absentismo Escolar. Faltas

Xoan Baltar en Flickr. Absentismo escolar (CC0)

Absentismo: Falta de asistencia ao centro sen causa xustificada polo menos un 10% do horario lectivo ao mes.

Inicio do protocolo:

  • Dentro dos 7 días naturais seguintes á data na que as faltas de asistencia a clase sen xustificar superaron o 10 % do horario lectivo mensual.
  • No caso de que non se solucione o absentismo coa reunión coa familia darase traslado do expediente aos servizos sociais do concello e á  inspección educativa.
  • En calquera momento no que o profesorado do centro aprecie indicios de desprotección deberá poñelo, inmediatamente, en coñecemento do Concello de residencia do alumno ou da alumna,ou ben notificalo a través do Rexistro Unificado de Maltrato Infantil (RUMI).