Acoso Escolar e Ciberacoso.
Protocolo para a prevención, detección e tratamento das situacións de acoso escolar e ciberacoso:
- Forma parte do plan de convivencia
- Deberá ser adaptado a cada centro a partir do documento básico publicado pola CEOU o 15 de outubro de 2015.
- Debería activarse sempre en caso de existir sospeitas/indicios de acoso escolar.
Fases:
- Primeira fase: Coñecemento da situación. Identificación e comunicación.
- Segunda fase: Recollida de información e rexistro.
- Terceira fase: Análise da información e adopción de medidas.
- Cuarta fase: Seguimento e avaliación das medidas adoptadas.