Na nosa comunidade os referentes normativos en materia de convivencia e participación son a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa. e o Decreto 8/2015 que a desenvolve. Con posterioridade á redacción entraron en vigor as leis 39/2015 e 40/2015 que substitúen e amplían o alcance da Lei 30/1992 de procedemento administrativo común. O seu impacto, sobre todo no que se refire a procedementos correctores, foi amplo, polo que foron integramente revisados para que se adapten á nova normativa. Son tamén documentos vivos, que permiten ir incorporando diversas aclaracións en base á análise dos casos reais que van xurdindo.
Nesta normativa ademais de establecerse as bases para a participación das familias nos centros educativos, determínanse aspectos clave como a elaboración e xestión do Plan de Convivencia do Centro, a determinación e corrección de condutas contrarias á convivencia, aula de convivencia inclusiva, a regulación das Escolas de Nais e Pais e a creación e funcionamento do Consello para a Convivencia Escolar na Comunidade Autónoma de Galicia.
As orientacións son compilacións de actuacións desexables ou recomendables no marco normativo e actual. Polo tanto a marxe de adaptación ás realidades dos centros educativos é moito maior ca no caso dos protocolos pero sempre garantindo os mínimos educativos que as orientacións pretenden protexer.