Saltar navegación

Risco Suicida

Ryan Mcguire en pixabay. Muller preocupada (CC0)

Obxectivo incrementar a resiliencia emocional e reducir a vulnerabilidade aos problemas de saúde mental.
Necesitamos crear estruturas e protocolos de comunicación interinstitucional, así como a formación específica do profesorado e dos distintos profesionais de apoio externo que actúan de xeito multidimensional e colaborativo na prevención e intervención da conduta suicida.  

O modelo de actuación desenvólvese nos tres niveis de orientación educativa:

  • a titoría, coordinando a detección dos factores de protección e de risco
  • o Departamento de Orientación, realizando a avaliación psicopedagóxica en contacto cos servizos sociosanitarios e solicitando a colaboración do Equipo de Orientación Específico, se o estima necesario,
  •  en coordinación coa Dirección do centro e coa Inspección Educativa

O profesorado, asesorado pola Xefatura do Departamento de Orientación do centro, pode observar os indicadores de risco en base ao comportamento e rendemento do alumnado tanto na aula como no centro, realizando, de ser necesario, unha observación sistemática, entrevistas e seguimento do alumnado, no marco da titoría individual e da orientación educativa.

A titoría unificará os criterios de actuación do equipo docente arredor das seguintes estratexias de prevención:


‣ Crear un clima de convivencia positiva na aula e no centro educativo, no que se favoreza o benestar e o desenvolvemento integral do alumnado.
‣ Transmitir a través do estilo educativo valores como a autoestima, empatía, solidariedade, expectativas positivas cara o alumnado e paixón por compartir o coñecemento.
‣ Adaptar o currículo á diversidade do alumnado para favorecer o éxito escolar.

‣ Organizar titorías grupais cos alumnos, asembleas e outras actuacións dirixidas a consensuar normas de convivencia, fomentar competencias emocionais como a escoita activa, favorecer a expresión dos sentimentos e emocións, aprender a tomardecisións eficaces e solucionar problemas, traballar en equipo, aumentar a tolerancia á frustración, reducir o estigma social asociado á conduta suicida.
‣ Realizar entrevistas afectivas e con empatía nas titorías individuais coas familias e co alumnado, analizando factores protectores e de risco
‣ Fomentar unha formación específica ao alumnado para crear redes de supervisión e apoio entre iguais que poidan acompañar e axudar aos compañeiros e ás compañeiras en situación de risco, tales como programas de titoría entre iguais, mentoría, etc.
‣ Abordar a educación para a saúde e a educación emocional, incluída no currículo das diferentes áreas como contido transversal.
‣ Fortalecer a autoestima dos estudantes, utilizando estratexias como o reforzo positivo, atención individualizada e salientando as súas capacidades.
‣ Facer prevención da intimidación ou violencia no centro educativo, aplicando as estratexias de tolerancia cero co acoso e ciberacoso.
‣ Desenvolver as medidas necesarias de atención á diversidade de carácter ordinario e extraordinario.
‣ Recibir e xestionar as comunicacións do profesorado sobre calquera incidencia ou observación que se considere relevante relacionada co benestar e factores de risco do alumnado.
‣ Prestar unha especial atención e apoio específico aos estudantes máis vulnerables para incrementar a súa resiliencia e mellorar as habilidades de afrontamento do estrés.