Atención Educativa Domiciliaria
Destinatarios:
- Alumnado que deba permanecer no domicilio, por prescrición médica, por un período de tempo superior a un mes.
- Alumnado con enfermidade crónica que cause faltas de asistencia ao centro de seis ou máis días continuados ao mes dentro dun período mínimo de seis meses.
Procedemento de solicitude:
- Solicitude dos pais no centro educativo.
- Informe do profesorado titor.
- Tamén informe DO no caso de alumnado NEAE.
- Traslado á XT e á inspección educativa. Autorización da XT.
Elaboración dun programa individualizado: Polo profesorado da atención educativa domiciliaria a partir da programación facilitada polo titor, e en coordinación con este e co asesoramento do DO.
Seguimento: O profesorado de atención educativa domiciliara informará ao centro docente do desenvolvemento desta atención. Elaborará, como mínimo, un informe mensual e/ou previo a cada avaliación.
A avaliación: A avaliación e as decisións de promoción e titulación, de ser o caso, serán competencia e responsabilidade do equipo docente do centro no que está matriculado.