Atención Temperá
Elaborado ao abeiro do Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a rede galega de Atención Temperá.
Finalidades:
- establecer a coordinación e complementariedade entre os sistemas sanitario, educativo e os servizos sociais na atención aos menores.
- evitar a posibilidade de fragmentación como consecuencia da intervención de múltiples axentes.
- garantir a continuidade do proceso na detección, derivación, seguimento e/ou intervención na protección dos menores de 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos.
Enténdense por trastorno do desenvolvemento, aquelas situacións nas que, como consecuencia dunha alteración das estruturas ou funcións corporais, restricións na participación social ou calquera outro factor contextual, se produce un retraso ou desviación significativos no desenvolvemento das capacidades, adquisicións e recursos persoais típicos para a idade de referencia.
Procesos: detección precoz, a valoración e intervención interdisciplinaria, a través das fases de acollida, valoración, intervención e avaliación, a identificación dos trastornos do desenvolvemento, a elaboración e seguimento do plan personalizado de intervención e a coordinación dos recursos dos servizos sociais, educativos e sanitarios