A finalidade de " GESTIAC" ( Gestió n do Tempo e a Actividade) é proporcionar unha ferramenta a través da cal as persoas con TEA sexan capaces de comprender de forma integrada e global tanto as actividades como o tempo que transcorre durante as mesmas.

Podes acceder ao manual premendo aquí. Mapa de pasos

Tempus é unha aplicación fácil de usar e moi eficaz para axudar ás persoas con TEA a organizar o seu tempo. Podes configurar un reloxo con conta atrás para unha situación de espera, cepillarte os dentes ou darche unha ducha. Tempus permíteche personalizar a contorna segundo as túas necesidades: cores, tipo de reloxo, música e pictograma en pantalla. Aplicación realizada xunto coa Asociación de Autismo Burgos.

Neste enlace tes información sobre como usalo. tempus
O obxectivo principal desta aplicación é converter o tempo en algo visual. De forma que o usuario poida advertir de forma facilmente comprensible como transcorre o tempo e canto falta para conseguir aquilo que desexa. Programas os minutos, pulsas boton PLAY e o circulo irá desaparecendo da pantalla no tempo establecido. Para detelo só haberá que axitalo 3 veces. Desta maneira impídese que o alumnado co dedo poida detelo.
GESTIAC
CRONODROID