Saltar navegación

Pictoaxenda

Axenda ou historia gráfica

Pictoaxenda é un proxecto desenvolvido para establecer as actividades e rutinas de cada día a través de  pictogramas ARASAAC,  acompañados de gráficos que marcan o proceso de organización no día das actividades e rutinas. 

No panel de opcións pode elixir entre varias opcións para configurala:

  • Seleccionar o tamaño do texto e do pictograma, podemos escoller pictogramas pequenos ou grandes.
  • Elixir a cor do bordo que rodea ao pictograma: podemos escoller a cor por defecto (bordo neutro-branco) ou bordos de cores que axudan á comprensión das palabras, xa que distinguen accións, descricións, nomes propios, etc. mediante un sinxelo código de cor.
  • Indicar a posición do texto que acompaña ao pictograma, podendo elixir entre texto encima ou debaixo do pictograma.
  • Modificar o tipo de letra do texto que acompaña ao pictograma.
  • Cambiar o fondo da aplicación, dispón de varios fondos para escoller o que máis se axuste ás súas preferencias.

Hai que estar rexistrados para poder marcar que gráficos queremos que aparezan para indicar unha tarefa, ademais de poder seleccionar a cor para cada gráfico, co cal adaptamos a aplicación ás distintas formas de traballo e códigos de cor que usan as familias, as/os profesionais e centros.

Anímaste a probala?. Propoñémoste un reto!!!

Nivel 1.- Abre a túa conta. Personaliza a interface. Anímate a subir un avatar ou imaxe.

Nivel 2.- Organiza o teu día ou semana e gardaa en favoritos. 

Nivel 3.- Comparte o teu material.

Manual multimedia