Banco de sons


O funcionamento da web de pictosonidos é moi sinxelo.
Establécense os pictogramas en diferentes categorías; ao acceder a cada categoría poden ir avanzando progresivamente una a unha, ou ben avanzar ao pictograma que queiran mediante o panel superior de acceso rápido aos pictogramas de cada categoría.
Cada pictograma leva asociada unha locución da palabra, naqueles casos que a unidade dispoña de son, soará previo á locución, para facilitar no posible a comprensión da imaxe.
Cada palabra de cada categoría leva asociada unha frase con locución de voz incluída, á que se accede pulsando na icona de conversa da esquina do pictograma central, que nos abrirá unha pantalla flotante coa frase complementaria ao concepto. Leva incluido xogos.
Facilítanos a selección da fonte e formato dos textos asociados tanto en maiúscula como en minúscula.
Existe a posibilidade de descarga da aplicación para que poida ser usada por cada usuario no escritorio do seu pc sen a necesidade de estar conectados á rede.
Para descargalo preme nas iconas:


