Saltar navegación

Taboleiro de Comunicación interactivo

Taboleiro de Comunicación interactivo

qrpictoselector

Picto Selector é unha aplicación gratuíta, que facilita a creación e impresión de taboleiros de comunicación con pictogramas, así como a elaboración doutros materiais accesibles: rutinas, anticipacións, horarios, regulación de conduta, etc..
Inclúe, a base de datos de pictogramas de ARASAAC, así como inserir outro tipo de elementos dunha forma sinxela: reloxos, fotografías, cadros de texto, códigos QR, avatares, pictogramas personalizados, etc.

Utilizando as follas flexibles podemos adaptar unidades didácticas ou crear mapas conceptuais. Unha das funcionalidades máis utilizadas polos usuarios é a posibilidade de arrastrar os pictogramas desde a xanela principal, directamente a un procesador de textos ou a presentacións.

Podedes descargar o programa premendo aquí: Descarga de programa

 Na pestana de retroacción tedes os manuais.