Saltar navegación

Arasaac

Comunidade Arasaac.Portal web

O portal ARASAAC ofrece recursos gráficos e materiais para facilitar a comunicación daquelas persoas con algún tipo de dificultade nesta área.

Software destacados: 

  • Arasuit: Araword, Araboard
  • Comunica
  • Proxecto TICO
  • MICE-Rato virtual

Destaca o Proxecto "Planeta Visual" pretende ser un recurso de apoio na planificación da intervención educativa en autismo. O obxectivo é guiar a planificación da intervención psicoeducativa nas dimensións nucleares do espectro autista, facilitando a formación de obxectivos, a selección de contidos e estratexias metodolóxicas. Ofrece un banco de recursos de elaboración propia, comerciais e documentais, estructurados por áreas e niveis. Adóptase o "Inventario de Espectro Autista" ( Riviére, 1997) como eixo vertebrador de toda a información.A estrutura do recurso é sinxela e moi visual, co obxectivo fundamental de localizar a información necesaria de forma rápida. Exemplo de actividades de Planeta visual

Neste momento destaca un espazo sobre os demáis que é A Aula Aberta de Arasaac, onde practicamente podemos atopar materiais necesarios para traballar con alumnado con dificultades na comunicación, dende aplicacións, ata materiais funxibles con unha alta calidade e en varios idiomas. 

Propoñémoste un reto!. Abre a pestana de retroacción para saber máis.