Saltar navegación

Arasuit. Proxecto TICO

TICO.Taboleiros Interactivos para a Comunicación

TICO "Taboleiros Interactivos de Comunicación" é unha aplicación informática para crear e utilizar taboleiros de comunicación de forma interactiva. O programa componse de dúas aplicacións independentes e diferenciadas, pero complementarias entre si: TICO Editor e TICO Intérprete. A través de TICO Editor, podemos crear e editar os taboleiros de comunicación que conterán todos os elementos visuais, auditivos ou de control de contorna.

Se queredes saber máis ide a pestana de retroacción

Tico4 Android é unha versión do intérprete de Tico para dispositivos Android. Os proxectos deben ser desenvolvidos co editor de Tico (a partir da versión e1.5) executándose nun PC. Unha vez gardado o proxecto, pode pasarse ao dispositivo Android (teléfono, tableta, etc.) para a súa execución con Tico4 Android. Os proxectos xerados para Android teñen a extensión "tcoa". Para transferir un proxecto ao dispositivo Android pode usarse calquera medio de conexión ordenado-dispositivo á nosa disposición: cables USB, Bluetooth, internet...