
A viaxe de Elisa é un videoxogo que axuda a comprender mellor as características e necesidades das persoas con autismo, en especial con Síndrome de Asperger.A través de diversos minijuegos e cunha épica historia de SciFi de transfondo, os xogadores terán que superar os retos aos que se enfronta Elisa.
O xogo vén acompañado de material didáctico que servirá de apoio aos docentes que queiran realizar actividades en clase, ademais de información xeral para entender mellor a Síndrome de Asperger. Para poder acceder hai que rexistrarse.
O proxecto foi creado por Autismo Burgos e Gametopía e conta co apoio e impulso da Fundación Orange que vén promovendo proxectos enmarcados no ámbito da educación dixital, facendo especial fincapé en colectivos en risco de inclusión.
Podes descargalo premendo nas iconas.
Tes máis información premendo na lapela de retroacción

